«Hoxe en día fai falta moita cultura»

Suso Varela Pérez
suso varela LUGO / LA VOZ

LUGO CIUDAD

Carlos Castro

Yoli Pumariño, unha alumna do campus, atrévese a abrir unha libraría, na Praza de Augas Férreas, nos tempos da venta de libros en Internet

15 may 2018 . Actualizado a las 23:05 h.

Yoli Pumariño é unha mindoniense de 32 anos que logo de traballar en varias empresas de cara ao público decidiu dar un paso adiante e montar unha librería, Soños de papel, nun local na Praza de Augas Férreas, esquina coa Rúa María Castaña.

-Supoño que saberá que abrir unha librería nos tempos que corren...

-Buf, é un reto complicado, seino, pero creo que ou o facía agora ou nunca. Fixen Educación Infantil en Formación do Profesorado, primeiro en Santiago e rematei en Lugo. Quería preparar unhas oposicións pero por cuestións diversas acabei traballando en varias empresas de cara ao público, vinme sen emprego e agora creo que chegou o momento de dar este paso con ilusión e con ganas. Xa sei que parece algo utópico, pero quero axudar aos nenos a que coñezan a cultura. E ademais, nacemos en Augas Férreas con vocación de contribuír e revitalizar esta zona.

Carlos Castro

-Por iso se vai dedicar máis á literatura infantil?

-Ben, de libros só non se vive, por iso hai espazo para os regalos, os xogos e os libros de adultos, con espazo para a literatura galega, pero digamos que o peso van a ser os libros para nenos e rapaces. Quero ademais completar esta faceta con contacontos e obradoiros para nenos. Aínda así, a primeira presentación dun libro será o martes 22, ás 19.30 horas, co libro La marea roja, de José Manuel del Río, quen estará presente no acto. O libro está prologado por Nacho Carretero.

-De onde lle vén o seu amor pola literatura?

-Pois desde nena, na miña casa eramos tres irmáns e sempre había libros e non parábamos de ler. Non sei, era como viaxar a outros mundos.

-Que foi o máis difícil para poñer en marcha o negocio?

-Os trámites administrativos foron un horror, pérdese moito tempo co papeleo e bótase en falta axuda. Logo tivemos sorte co local, porque non o quería moi céntrico, onde xa hai librerías asentadas, pero si nun espazo visible, e este é fenomenal. E as axudas son moi poucas, porque por ser muller emprendedora e sen emprego, tiven 2.500 euros que xa se van en poñer o chan e en pintar o local.

Carlos Castro

-Sabe que vai ter que competir coa venta en Internet, con novos soportes...?

-Sei, pero tamén as redes sociais poden xogar ao noso favor, colgando recomendacións de libros, promocionado os actos que organicemos... Iso si, creo que as librerías cumpren un papel social, porque a xente pode vir, sentarse e ler un libro, estar tranquilo. Cando eu era nena lembro que pasaba horas cos meus amigos na biblioteca de Mondoñedo. Lembro aquelas tardes dos venres de biblioteca, lendo, prestándonos libros, comentándoos... Divertiámonos co libros. Hoxe en día creo que fai falta moita cultura e menos videoxogos e televisión.

-E que libros nos recomenda como nova libreira da cidade?

-Pois para adultos, a que imos presentar aquí, La marea roja., que trata sobre a historia viva do narcotráfico en Galicia. E para os nenos El sombrero que voló, de José Carlos Román y La casa de los ratones, que lles encanta aos cativos.

Carlos Castro