O mellor da cervexa artesá chega a Lugo

LUGO CIUDAD

Haberá postos de comida, concertos, obradoiros infantís e casetas con máis de setenta tipos de cervexas artesás

03 may 2018 . Actualizado a las 09:39 h.

Chega a Lugo o mellor da cervexa artesá co V Arde Lúpulus, unha feira que se celebra entre o xoves 3 e o domingo 6 na Praza Horta do Seminario, entre as 12.00 e a 1.00 horas. Nela haberá postos con máis de setenta tipos de cervexas artesás. Ademais, a feira ofrecerá postos de comida, concertos e obradoiros para nenos.

A iniciativa foi presentada o mércores pola concelleira de Cultura, Carmen Basadre; e o presidente da Asociación Galega de Cervexeiros Artesáns, Esteban Loureiro.

O programa de actividades é o seguinte:

XOVES 3

· 18.00h. Inauguración e pinchada do primeiro barril

· 19.00h. DJ Mr.Fishman Aka Dr. Think

· 22.30h. Peche da feira

VENRES 4

· 12.00h. Apertura

· 21.00h. Concerto de La Cumbancha de la Martiniana

· 00.00h. Peche da feira

SÁBADO

· 12.00h. Apertura da feira

· 12.30h. Sesión Beer-Mú e actuación do DJ Mr.Fishman Aka Dr. Think

· 17.30h. Obradoiro infantil de manualidades de chaveiros e broches

· 20.00h. Friki-cata de cervexas da man da xente da tabla de Flandes (as persoas interesadas en anotarse deberán enviar un correo electrónico a seguinte dirección de email: catasfreak@gmail.com)

· 21.00h. Concerto de Skintight

DOMINGO

· 12.00h. Apertura da feira

· 12.30h. Obradoiro de elaboración de cervexa artesá gratuíto (as persoas interesadas en anotarse deberán enviar un correo electrónico á seguinte dirección: cursodecervexa@gmail.com)

e sesión Beer-Mú coa actuación de DJ Alex Nite

· 17.30h. Obradoiro infantil de elaboración de pezas con barro

· 20.00h. Actuación de los Pontiaks

· 22.30h. Concurso a mellor etiqueta do festival

· 22.35h. Concurso a mellor cervexa do festival

· 22.40h. Concurso o mellor Food-Truck do festival

· 22.50h. Entrega de premios aos cervexeiros

· 23.00h. Clausura da feira