Obradoiros culturais para os máis novos

LUGO CIUDAD

Carlos Castro

A oferta inclúe cine, teatro, literatura, danza e plástica

03 may 2018 . Actualizado a las 09:54 h.

Maio e xuño • O Vello Cárcere • Lugo • De balde. Inscricións e información: www.tiquecontas.es • 

O Concello de Lugo puxo en marcha un programa de obradoiros culturais para mozos a partir de 10 anos. Trátase do «Ti que contas», que pretende fomentar a expresión dos máis novos mediante o cine, o teatro, a literatura, a danza ou a plástica. Ao rematar haberá un festival.

· Palabras. 24, 25, 26 e 31 de maio e 1 e 2 de xuño. Obradoiro de escritura creativa, enfocado desde un ángulo divertido e dinámico, que potencia a creatividade e a interacción entre distintos grupos, que dará como resultado un libro de artista cun autor colectivo.

· Cinema. 21, 22, 23, 28, 29 e 30 de xuño. Actividade na que os participantes poden coñecer os elementos básicos para construír unha historia cinematográfica desde os seus inicios ata obter unha película elaborada polos asistentes.

O horario para os grupos A (maiores de 18) e B (15-18 anos) será de 21.00 a 23.30 os xoves e venres, e para o grupo C (10-14 anos), os sábados de 10.30 a 13.00.