Premios para a Aula de Teatro do Campus de Lugo

Foi premiado no festival universitario de Toledo e no Miteu de Ourense pola súa obra «WK»


A xira da compañía de teatro USC-Lugo coa súa última montaxe,«‘WK», unha peza baseada en textos de Woyzech, obra inconclusa de Bchner, pero coa estética de Kantor, está a reportar múltiples recoñecementos para a formación universitaria que dirixe Paloma Lugilde.

O último dos premios colleitados pola formación teatral do Campus Terra da USC chegou de Toledo, onde o elenco de actores dirixidos por Paloma Lugilde presentaron este luns ‘WK’ no marco do Festival de Teatro Nacional Universitario. O xurado encargado de fallar os galardóns deste certame artístico acordou distinguir á compañía luguesa cos galardóns a mellor elenco, mellor iluminación, mellor dirección e mellor espectáculo.

O rotundo éxito da compañía de teatro USC-Lugo en Toledo súmase ao recoñecemento unánime tamén outorgado polo xurado da vixésimo terceira edición da Mostra Internacional de Teatro Universitario (Miteu) de Ourense, un festival no que a formación teatral luguesa tamén mereceu o Premio do Xurado coa representación da obra ‘WK’.

A compañía de teatro USC-Lugo estreou a mediados de marzo a obra ‘WK’ no Festival de Teatro Universitario de Lugo, para logo emprender a súa particular xira con esta peza, representada tamén en Ourense, na Mostra Internacional de Teatro Universitario (Miteu), Vigo, Santiago de Compostela e, máis recentemente, no Círculo das Artes de Toledo.

Alén desta intervención escénica, a directora da compañía universitaria de teatro do campus de Lugo, aproveitou a súa estadía na capital manchega para ofrecer un relatorio sobre os cometidos e as problemáticas das aulas de teatro universitario, centrándose no caso da Aula de Teatro USC-Lugo, ao tempo que guiou un curso sobre o teatro no século de ouro. A xira da última montaxe da compañía de teatro USC-Lugo chegarán ao seu fin o vindeiro domingo, día 6 de maio, en León

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Premios para a Aula de Teatro do Campus de Lugo