Desde o xoves e ata o domingo celébrase Arde Lúpulus, con postos de comida, concertos, obradoiros infantís e estands con máis de setenta tipos de cervexas artesás
02 may 2018 . Actualizado a las 22:11 h.Chega a Lugo o mellor da cervexa artesá co V Arde Lúpulus, unha feira que se celebra entre o xoves e o domingo na Praza Horta do Seminario, entre as 12.00 e a 1.00 horas. Nela haberá postos con máis de setenta tipos de cervexas artesás. Ademais, a feira ofrecerá postos de comida, concertos e obradoiros para nenos.
A iniciativa foi presentada onte pola concelleira de Cultura, Carmen Basadre; e o presidente da Asociación Galega de Cervexeiros Artesáns, Esteban Loureiro.
O programa de actividades é o seguinte:
XOVES
· 18.00h. Inauguración e pinchada do primeiro barril
· 19.00h. DJ Mr.Fishman Aka Dr. Think
· 22.30h. Peche da feira
VENRES
· 12.00h. Apertura
· 21.00h. Concerto de La Cumbancha de la Martiniana
· 00.00h. Peche da feira
SÁBADO
· 12.00h. Apertura da feira
· 12.30h. Sesión Beer-Mú e actuación do DJ Mr.Fishman Aka Dr. Think
· 17.30h. Obradoiro infantil de manualidades de chaveiros e broches
· 20.00h. Friki-cata de cervexas da man da xente da tabla de Flandes (as persoas interesadas en anotarse deberán enviar un correo electrónico a seguinte dirección de email: catasfreak@gmail.com)
· 21.00h. Concerto de Skintight
DOMINGO
· 12.00h. Apertura da feira
· 12.30h. Obradoiro de elaboración de cervexa artesá gratuíto (as persoas interesadas en anotarse deberán enviar un correo electrónico a seguinte dirección de email: cursodecervexa@gmail.com) e sesión Beer-Mú coa actuación de DJ Alex Nite
· 17.30h. Obradoiro infantil de elaboración de pezas con barro
· 20.00h. Actuación de los Pontiaks
· 22.30h. Concurso a mellor etiqueta do festival
· 22.35h. Concurso a mellor cervexa do festival
· 22.40h. Concurso o mellor Food-Truck do festival
· 22.50h. Entrega de premios aos cervexeiros
· 23.00h. Clausura da feira