Velada de música e cinema con A Banda da Loba e traballos do III Findecurta

LUGO CIUDAD

Lugo acolle esta noite un concerto e un certame audiovisual

27 abr 2018 . Actualizado a las 09:50 h.

Hoxe • 21.00 • Praza de Santa María (Lugo) • De balde • 

O Lubicán Íntimo trae hoxe a Lugo unha velada de música e cinema co concerto de A Banda de Loba, a proxección de dez propostas audiovisuais presentadas ao III Findecurta e o fallo dos premios. A Banda da Loba presentará o seu primeiro traballo discográfico, Bailando as rúas, cun repertorio que inclúe temas de autoría propia, outros baseados en letras de poetas clásicos coma Celso Emilio Ferreiro, Manuel María, Rosalía de Castro... e en contemporáneos como Rosalía Fernández Rial e Celia Parra. O estilo pasa polo pop, blues, rock, folk e sons tradicionais.