Lugo ofrece unha intensa semana de danza para mergullarse nesta arte

LUGO CIUDAD

Haberá concursos, espectáculos na rúa e actuacións noutros escenarios da cidade

27 abr 2018 . Actualizado a las 13:22 h.

Ata o domingo • Lugo • De balde • 

Lugo celebra ata este domingo a VII Semana da Danza, con mostras e espectáculos variados, que inclúen actuacións na rúa e noutros escenarios e un concurso coreográfico. A programación foi presentada onte pola concelleira de Cultura, Carmen Basadre; a directora do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo, Isabel Méndez; e a vicedirectora do centro, Cristina Lata.

O público poderá gozar dunha intensa semana de danza para mergullarse nesta arte e coñecer o traballo que ao longo de todo ano realiza o Conservatorio de Danza de Lugo. Entre os diferentes espectáculos programados, destaca a peza Mulïer, da Compañía Maduixa-Teatre, un espectáculo en zancos a prol das mulleres, que foi galardoada con catro premios nacionais.

O programa para os próximos días é o seguinte:

· Mércores 25, 17.00h, Praza Maior. Espazo artístico 10. Bailes Tradicionais, obradoiro de bailes tradicionais para toda a familia

· Xoves 26, 20.00h, Auditorio Municipal Gustavo Freire. Mostra de danza de carácter, danza galega e flamenco, interpretadas polo alumnado do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo

· Venres 27

17.00h, Praza Anxo Fernández Gómez. Escola de Danza Star Dance e no Centro de día para maiores Alalás, Espazo Artístico 10 bailes tradicionais

19.00h, fondo da Praza Maior, Victoria Gil Danza & Escena

20.00h, Auditorio Gustavo Freire. Presentación dos traballos coreográficos sobre María de Ávila, creados polo alumnado do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo.

· Sábado 28

12.45h, Praza de Santa María. Interpretación da Nelkenline de Pina Bauch, a cargo das escolas de danza de Galicia, (no caso de que chova realizarase no Vello Cárcere ás 12.00h)

13.00h, Praza de Santa María. Representación de Mulïer da compañía valenciana Maduixa Teatre (no caso de que chova a actuación trasladarase ao Gustavo Freire ás 13.15h)

17.00h, centro comercial As Termas (delante de Zara). Escola de Danza, Gimnasia e Espectáculos Gravitty

20.00h, Auditorio Gustavo Freire. Acto colectivo da conmemoración do Día Internacional da Danza coa participación de diversos centros de ensinanza de danza clásica e contemporánea de Galicia

· Domingo 29, 18.30h, Auditorio Gustavo Freire. Actuación das distintas escolas de danza da cidade de Lugo, Espazo artístico 10, Gravitty, Mercedes Castro, Star Dance, Teresa Neri e Victoria Gil