Un repaso aos episodios de protesta en Galicia

L.L.

LUGO CIUDAD

Esta tarde presentan na Librería Trama de Lugo o libro «Rebeldía Galega contra a inxustiza»

18 abr 2018 . Actualizado a las 09:44 h.

«Rebeldía Galega contra a inxustiza» • 2018 • Sermos Galiza • Francisco Rodríguez, Xosé Ramón Ermida Meilán. Ilustración: Leandro Lamas • 

A Librería Trama de Lugo acolle esta tarde, ás 19.00, a presentación do libro Rebeldía Galega contra a inxustiza. No acto participarán os co-autores Francisco Rodríguez e Xosé Ramón Ermida Meilán; o presidente de Sermos Galiza, Xoán Costa Casas, e o coordinador de Fruga en Lugo, Elías Somoza. A obra realiza un percorrido por diferentes episodios de protestas na Galicia de hai uns cen anos, como os sucesos de Láncara en 1912 ou en Lugo en 1918.