Música clásica e ofrenda floral no cemiterio lucense

L.L.

LUGO CIUDAD

ALBERTO LOPEZ

Trátase dunha proposta con motivo do Día do Pai

17 mar 2018 . Actualizado a las 20:14 h.

Domingo 18 • A partir das 13.00 horas • Cemiterio de San Froilán • Lugo • 

O Concello propón música clásica e unha ofrenda floral no cemiterio con motivo do Día do Pai. As actividades consistirán nun concerto do Trío Bóreas, de música clásica, ás 13.00 horas, e seguidamente o reparto de flores entre os asistentes para facer unha ofrenda floral a todos os pais.

Trátase dunha proposta da concellería de Cidadanía, que dirixe Rosana Rielo, para «render unha homenaxe familiar e íntima neste día tan sinalado aos pais, e, ao mesmo tempo, impulsar un dos principais valores patrimoniais da cidade, como é o camposanto municipal. De feito, está na listaxe de cemiterios máis bonitos do mundo de National Geographic», e obtivo outros galardóns.