Cinco compañías participan no Encontro Universitario de Danza

LUGO CIUDAD

Celebrarase en Lugo os días 23 e 24

13 mar 2018 . Actualizado a las 09:42 h.

Venres 23 e sábado 24 • Patio central do Vello Cárcere • Lugo • Acceso libre e de balde • 

Cinco compañías participarán no Encontro Universitario de Danza da USC, que se celebrará en Lugo os días 23 e 24. Catro grupos, nados na institución académica compostelá, estrearán creacións propias.

O programa de actuacións é o seguinte:

Venres 23

· 20.30h. A compañía independente Les Braves presenta a coreografía Volutas, interpretada e con coreografía de Daniel Lazso.

· Despois. Formación sénior Sen Vergoña, do campus de Lugo da USC -a única compañía de danza de IV Ciclo existente no panorama nacional universitario-, con Metaformoses, coreografía de Rosa Acuña, dirixida por Juan Carlos Zahera.

· Despois. A compañía Danza USC-Lugo, dirixida por Juan Carlos Zahera, estrea a peza Silencio, con coreografía de Rosa Acuña.

Sábado 24

· Compañía Danza USC-Compostela presenta A aritmética do striptease, con coreografía de Xiana Vilas e dirección artística do director do Espazo de Danza da USC.

· Compañía da Aula de Danza da Universidade de Coruña (UDC), xurdida no campus de Ferrol, que interpretará a coreografía de Cristina Montero Substancia composta.

· Compañía Danza USC-Lugo, Silencio.

Ao remate da quenda de interpretacións, o público que asista ás representacións programadas no marco do XVI Encontro Universitario de Danza Contemporánea poderá gozar dunha sorpresa, que terá como protagonistas ao alumnado dos cursos de danza latina organizados ao abeiro da programación de actividades desenvolvidas polo Espazo de Danza da USC, un servizo universitario que botou a andar hai dúas décadas.