Monterroso celebra a feira do disco e do libro con case trinta expositores

LUGO CIUDAD

FOTO LOIS

Haberá música e literatura o sábado 17

04 mar 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Sábado 17 • 10.30-21.30 horas • A Cúpula (Monterroso) • 

A asociación 25 Xastres organiza a III Feria do Disco e Libro Galego, con case trinta expositores confirmados. Ademais dos postos de venda, haberá presentacións literarias e musicais, contacontos e obradoiros. A maiores, ao remate (21.30 horas) sortearanse dúas entradas para o partido Lugo-Valladolid do día 24, un lote de libros de Xerais, un lote deportivo de Jim Sports e outro lote de libros de Galaxia.

O programa de actividades paralelas é o seguinte:

· 11.00h. Contacontos Quen vén esta noite?, con Ana Meilán, e obradoiro.

· 11.00h. Obradoiro gratuíto de ilustración para nenos de 6 a 12 anos, con «O Bichero». Información e inscrición: 630 650 419, 699 591 447 ou 25xastres@gmail.com.

· 11.30h. Presentación literaria de Arantza Portabales, Deixe a súa mensaxe despois do sinal.

· 12.30h. Magín Blanco presenta o libro-disco Camiños. Ademais, sortéase un exemplar o venres 16 no Facebook de 25Xastres.

· 13.45h. Océano para terrícolas, con Xurxo Souto, palestra sobre os seus libros Contos da Coruña e Contos do Mar de Irlanda.

· 17.00h. Concerto de presentación do libro-cedé Pakolas. Ademais, sortéase un exemplar a través do Facebook de 25Xastres o día 16.

· 17.50h. Presentación literaria de Anaír Rodríguez, Pioneiras. Galegas que abriron camiño.

· Sinaturas de exemplares. Estefanía Padullés (toda a xornada, estand Hércules Ed.); Luís Davila «O Bichero» (12.30-14.00 e 16.30-18.00); e Ana Vila «Pintasías» (18.30, estand Sinaturas).

· 19.15h. Martiño Noriega e Daniel Salgado presentan A contradición permanente. Conversa sobre cinco anos de política convulsa.

· 19.45h. Concerto-presentación de Habelas Hainas, Livres e loucas. Sortéase un disco no Facebook de 25Xastres o día 16.

· 20.30h. Cristian Silva presenta o libro-cedé Manual ególatra básico.

· 20.50h. Concerto-presentación de Azougue. O día 16 sortéase un disco no Facebook de 25Xastres.