Once empresas aspiran a facer o proxecto da oficiña de emprego na vella residencia de Lugo

La Voz LUGO / LA VOZ

LUGO CIUDAD

OSCAR CELA

O edificio, que aasumirá os dous locais alugados pola Xunta na cidade, terá cinco plantas

25 feb 2018 . Actualizado a las 21:35 h.

Once empresas presentaron as súas ofertas para desenvolver o proxecto da nova Oficina de Emprego e Formación do barrio da Residencia en Lugo. Esta actuación súmase aos pasos xa dados para o novo Centro Integral de Saúde, o primeiro que se porá en marcha en Galicia, nas instalación do antigo Materno. O DOG publicou o 1 de febreiro o anuncio de licitación do proxecto básico e de execución destas dependencias no que se abría un prazo de 15 días para a presentación de ofertas. Para a execución do proxecto básico e de execución de obra establécese un prazo de execución de catro meses desde a sinatura do contrato. O orzamento de licitación ascende a 56.842,90 euros, IVE engadido.

A nova oficina de emprego e formación estará no edificio administrativo do antigo hospital Xeral, no que se realizará unha importante rehabilitación. Este inmoble foi construído no 1973 e ao longo do tempo sufriu varias reformas interiores, pero en ningún momento se realizaron actuacións máis aló do acondicionamento interior.

Nesta instalación integraranse as dúas oficinas de emprego que hai na cidade, «o que permitirá un importante aforro anual en alugueiros, xa que estes servizos pasarán a ofrecerse nun único inmoble propiedade da Comunidade Autónoma».

O edificio conta con cinco plantas (baixa, primeira, segunda, terceira e semisoto). Nas catro plantas irán os servizos de emprego e formación, mentres que no semisoto estarán os comúns e unha sala de conferencias. A rehabilitación realizarase respectando o que establece o grao de protección que lle outorga o PXOM.