-Vostede aplica esta lingua cos seus alumnos?
-Si, con cancións, con tarefas de Lingua Castelá e Literatura, e están encantados. Saben presentarse, signarse... Os rapaces que teñen máis dificultades nas linguas melloran cando aprenden nocións da de signos, porque é unha lingua de memoria visual non auditiva, e se queremos conseguir persoas con competencia comunicativa, a de signos enriquece. Pero creo que a economía e a política puideron sobre a lingüística sen ter en conta as necesidades reais das persoas.