«O descoñecemento da historia da cidade fai que se cometan erros irreversibles»

«O Carme é un dos poucos espazos que se conservan do Lugo medieval e ofrece historia, paisaxe e etnografía»


lugo / la voz

Coñece como poucos a historia de Lugo. Os seus numerosos libros e artigos sobre o pasado da cidade son a mellor mostra do que sabe da cidade amurallada. Adolfo de Abel Vilela ten acreditado un profundo sentido crítico da evolución urbana, que puxo de manifesto en numerosas ocasións. Crítico e claro é tamén nas respostas que da as preguntas sobre o futuro do barrio do Carme, de esa singularidade urbanística que é ese amplo espazo situado ao pé da Muralla, entre as dúas rondas.

-Desde o punto de vista histórico e urbano, en que contexto habería que inserir o barrio do Carme?

-É un dos poucos espazos que conservamos do Lugo medieval. O descoñecemento que temos da historia da cidade e dos seus valores fai que se cometan erros irreversibles, e que na maioría dos casos prevaleza o interese privado en lugar do público. Os políticos teñen que estar ben asesorados porque teñen a responsabilidade de promover e desenvolver plans de urbanismo respectuosos coa historia, a paisaxe e a etnografía. E estes tres valores danse no Carme.

-Que importancia ten esta zona?

-A súa importancia é múltiple. En primeiro lugar estamos nunha parte do que en época medieval formaba parte do suburbio lucense chamado o Regueiro dos Ortos, unha parte rica en augas e asollada, que xeograficamente forma parte da ribeira do Miño, onde os habitantes do Burgo Vello tiñan os hortos. Pero ademais por aquí discorría a vía romana XIX, e polo mesmo, é unha parte do Camiño Primitivo que está declarado Patrimonio da Humanidade.

-Que importancia ten a capela do Carme?

-Ten moito interese por ser a antiga da Virxe do Camiño e alí se conserva a imaxe do século XVI. É un fito fundamental do Camiño na cidade que hai que poñer en valor. Pero por outra parte eu estou convencido que pola súa anómala orientación, norte-sur, en lugar da que é tradicional no mundo cristiá, leste-oeste, como tamén lle ocorre á de San Roque, compre sospeitar que é a pervivenza ou adaptación polo cristianismo dun templo pagán, un sacellum posiblemente dedicado aos lares viais. Unhas catas arqueolóxicas nela serían fundamentais.

-E arqueoloxicamente?

-Pois tamén. Pode haber unha necrópole. Unha parte da cloaca romana pasa pola traseira do antigo matadoiro (Sala Porta Miñá), e polo que teñen constatado os arqueólogos, é unha zona interesante no campo da olería. Na confluencia do ramal da calzada que parte da Porta Miñá co da Porta do Pexigo ou de Santiago, a toponimia medieval fala das Barreiras, que sería de onde se quitaba a materia prima para esta industria que foi moi importante en Lugo.

-Que importancia ten desde o punto de vista histórico?

-Para a cidade ten moita pois é onde a tradición di que naceu San Froilán. Incluso no fondo da rúa do Carme esta sepultada a fonte que levaba o seu nome. O historiador especialista no Camiño Primitivo Ricardo Polín máis eu presentamos no Concello de Lugo cen medidas para mellorar esta vía histórica, algunhas para esta zona. Pero tamén o ten desde o punto de vista etnográfico, xa que se conservan casas de labregos que quedan xa no medio urbano. Algunha poderíase conservar con material etnográfico, que eu sei como conseguilo, para ver como era unha casa rural. A contorna é excepcional, coas hortas históricas pechadas con altos muros de laxe que van delimitando o viario medieval. Ten moita importancia.

«Os políticos teñen que estar ben asesorados para deseñar os plans de urbanismo»

«Ricardo Polín máis eu presentamos no Concello cen medidas para mellorar o Camiño»

«O que aínda se conserva do barrio do Carme debería ser intocable»

O historiador Adolfo de Abel Vilela é crítico co planeamento urbanístico da capital lucense, en xeral, e co do entorno do Carme en particular. «É coñecido que a maioría dos propietarios venderon as propiedades a promotores inmobiliarios no auxe da construción». Ten claro que na xestión do público, «non se trata de non ter en conta os intereses dos mesmos, senón de concilialos, e para iso hai mecanismos legais, pero para aplicalos son necesarias políticas e políticos que sexan capaces de desenvolvelas». E non só apunta a crítica aos políticos ao recordar algunhas intervencións urbanísticas levadas a cabo na cidade amurallada: «Tamén hai outros responsables, como son os técnicos, a maioría das veces ignorantes das cuestións históricas e patrimoniais, que son nos que despois se amparan os políticos cando xorde algún problema legal». Abel Vilela ten moi presentes algunhas das desfeitas urbanísticas vividas desde a Transición en Lugo. Por iso, ao falar do Carme, non se acolle ás medias tintas.

-Que se pode facer para preservar este patrimonio?

-O que se conserva do barrio do Carme debería ser intocable. Non se pode permitir que a especulación rodee de edificios a capela. Iso é unha aberración tanto desde o punto de vista histórico como urbanístico é un atentado ao patrimonio colectivo. A cidade no só é dos propietarios das casas e dos solares, é dos que vivimos aquí e fóra, dos que estamos hoxe e dos que veñan no futuro, que se lamentarán dunha política urbanística errática.

Antonio Prado Gómez: «En Lugo hay un desperdicio de la tradición histórica de la ciudad»Alcorta: «Y lo que salga de las excavaciones, cómo se difunde»

El doctor en Historia Antonio Prado Gómez, catedrático jubilado del instituto Lucus Augusti, señala: «En Lugo hay un desperdicio de la tradición histórica de la ciudad. Hay muy mala proyección, muy escasa y poco acertada, de la historia de la ciudad».

Esta apreciación general que hace Prado Gómez la lanza como aviso de lo que no debe ocurrir en el desarrollo de O Carme.

El arqueólogo Enrique Alcorta cree que, desde la investigación en el campo que le es propio, es preciso abordar el trabajo que se avecina en O Carme con visión de futuro: «Y lo que salga, cómo se difunde». Una vez más este experimentado arqueólogo pone el acento en la necesidad de crear en Lugo un órgano (patronato, fundación, gerencia, etcétera) que permita planificar la investigación, la promoción y buscar rentabilidad al patrimonio arqueológico de Lugo.

«O goberno local fará o que fixo sempre: poñer en valor os restos arqueolóxicos»

Aún a sabiendas de que entre los primeros proyectos encargados por el Concello con cargo a los fondos Edusi figura uno para abordar las cuestiones arqueológicas relacionadas con O Carme, La Voz preguntó al gobierno lucense cuáles son sus objetivos para tan singular ámbito de la capital lucense. La respuesta fue: «O goberno fará o que fixo sempre e tradicionalmente o goberno socialista no municipio: poñer en valor os restos arqueolóxicos in situ, o que nos fai totalmente diferentes a outras cidades e nos da un plus no turismo polo que apostamos, por un turismo baseado, sobre todo, no patrimonio histórico».

El equipo que preside Lara Méndez explicó igualmente, por medio del servicio de comunicación del Ayuntamiento: «A posta en valor do patrimonio histórico e cultural no barrio do Carme está enmarcada dentro do proxecto Muramiñae: da Muralla ao Miño, financiado ao 80% con fondos Feder. O que pretende o goberno é valorar o patrimonio da área a través de intervencións arqueolóxicas no propio lugar, encamiñadas a coñecer e enxalzar aqueles restos relacionados coa traza urbana e as infraestruturas da cidade romana, ou o trazado da antiga vía romana XIX ou dos múltiples camiños históricos, en especial, o de Santiago, entre outras».

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

«O descoñecemento da historia da cidade fai que se cometan erros irreversibles»