Música, cómic e poemas sobre baleas

L.L.

LUGO CIUDAD

Eduardo Estévez presenta «De Baleas», esta tarde na Librería Trama

31 ene 2018 . Actualizado a las 11:58 h.

«De baleas» • Caldeirón • Eduardo Estévez • Eduardo Estévez presenta o seu poemario De Baleas, hoxe ás 19.30 horas na Librería Trama de Lugo. Neste recital participará a sanfonista Ana Seijo Cubo.

Trátase dunha edición especial que inclúe, xunto co libro, un caderno cun cómic e un cede con músicas de baleas. O cómic e as ilustracións do libro son de Tokio.

O cedé inclúe once temas de Macarena Montesinos, o dúo Tiberevi, Benxamín Otero, Estevo Creus, Daniel Quaranta, Ariel Ninas, Pablo Seoane e Gabriela Acosta, Mónica de Nut, Mig Seoane, Madamme Cell e Belén Bermejo, acompañada por Andrés Díaz.