Xuntanza do colectivo de gaiteiros para preparar actividades deste ano

X.M.P. VILALBA

LUGO CIUDAD

CEDIDA

Membros da asociación reuníronse nas instalacións da Tradescola

22 ene 2018 . Actualizado a las 22:01 h.

A Asociación de Gaiteir@s Galeg@s mantivo unha xuntanza para comezar a preparar actividades deste ano. Unha delas será unha nova edición da mostra de instrumentos que ten lugar en Pardiñas (Guitiriz), coincidindo co coñecido festival que organiza Xermolos. A reunión celebrouse nas instalacións da Tradescola.