Lugo celebra o Ano do Patrimonio con charlas

Haberá nove ponencias gratuítas ata o mes de xuño e unha exposición sobre as escavacións na cidade


O Concello de Lugo súmase ao Ano Europeo do Patrimonio Cultural cun ciclo de conferencias sobre arqueoloxía. Inclúe nove charlas de acceso libre e gratuíto entre este mes e o de xuño, a cargo de expertos, que farán un percorrido polas escavacións arqueolóxicas na cidade. Tamén haberá unha exposición que repasará os trinta anos de escavacións en Lugo.

O programa é o seguinte:

- 25 de xaneiro: A Arqueoloxía Lucense ata 1986, por Felipe Arias Vilas.

- 22 de febreiro: O Inicio das Escavacións Arqueolóxicas. Os Aparcadoiros Soterrados, a cargo de Antonio Rodríguez Colmenero.

- 15 de marzo: A Configuración da Cidade Romana. A Peatonalización do casco histórico, a cargo de Covadonga Carreño Gascón.

- 22 de marzo: A Casa dos Mosaicos, por Enrique González Fernández.

- 19 de abril: A Muralla de Lugo e a Arqueoloxía, a cargo de Enrique Alcorta Irastorza.

- 24 de maio. A Domus do Mitreo, por Celso Rodríguez Cao.

- 31 de maio: As Termas Romanas de Lugo, por Francisco M. HervésRaigoso.

- 7 de xuño: O Castro da Piringalla, a cargo de Roberto Bartolomé Abraira.

- 14 de xuño: A Xestión do Patrimonio Arqueolóxico na Cidade de Lugo, por Enrique González Fernández e Gonzalo Meijide Cameselle. 

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Lugo celebra o Ano do Patrimonio con charlas