O Festival da Candeloria será entre o 22 e o 24 de febreiro

LUGO CIUDAD

ROI FERNÁNDEZ

Máis de vinte bandas actuarán en Lugo na «Festa da Luz»

10 ene 2018 . Actualizado a las 09:40 h.

Lugo celebrará entre o 22 e o 24 de febreiro a quinta edición do Festival da Candeloria, unha iniciativa coa que se recupera a ancestral Festa da Luz, que celebra o paso do inverno á primavera, e coa que se rende homenaxe á cultura galega.

Máis de vinte bandas participarán neste festival, que terá lugar no Pazo de Feiras e Congresos. Ás entradas están á venda por 38 euros (abono para os tres días e acampada) ou por 45 (abono e camiseta). Ademais dos concertos, haberá sesión vermú, buses organizados e pasa-tabernas.

Os grupos confirmados que actuarán son os seguintes: Non Servium, Russkaja, Mafalda Grupo, True Mountains, Satanic Surfers, GBH, SES, Not Fun At All, APHONNIC, As Punkiereteiras, Dubioza kolektiv, Habelas Hainas, NARCO, Skama La Rede, Agoraphobia, CRIM, Huntza, Leo Arremecághona Monobanda, Desakato, BALA, MaCHiNa, O Puto Coro do Exército Froilanista.

Máis información en www.acandeloria.org.