A Banda da Loba convida en Lugo a «bailar as rúas»

LUGO CIUDAD

O grupo, integrado por cinco mulleres, presenta o seu primeiro disco este sábado

12 ene 2018 . Actualizado a las 09:38 h.

A Banda da Loba chega a Lugo este sábado para presentar o seu primeiro disco, Bailando as rúas. O concerto terá lugar á medianoite no Club Clavicémbalo. O grupo, integrado por cinco mulleres, destaca pola creación dun repertorio musical propio, no que combinan composicións da súa autoría coa posta en música de poemas de escritores célebres como Manuel María ou Celso Emilio Ferreiro, ou de outros textos de autoras contemporáneas, como Rosalía Fernández Rial ou Celia Parra.

Todo isto, explican, «baixo un estilo ecléctico e heteroxéneo que bebe do rock, do pop, do folk... e fai do seu repertorio un fantástico caleidoscopio musical».

A banda está composta por: Andrea Porto, baixo; Estela Rodríguez, violín; Inés Mirás, guitarra; Marcela Porto, batería e percusións, e Xiana Lastra, voz. O seu primeiro traballo conta coa produción musical de Adrián Saavedra e as colaboracións de Tanxugueiras e Guadi Galego.

Sábado 13 • 00.00 horas • Club Clavicémbalo • Lugo • Entradas: 5 euros •