Nuria Isabel Vázquez Rivas, nova xefa do Servizo de Familia

Esta mañá tivo a súa primeira reunión co delegado da Xunta, Balseiro


A Consellería de Política Social incorporou na Xefatura Territorial de Lugo a Nuria Isabel Vázquez Rivas como nova xefa do servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica. Licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, dispón do mestrado da Escola de Práctica Xurídica polo Ilustre Colexio de Avogados de Lugo e Certificado de Aptitude Profesional outorgado polo Consello Xeral da Avogacía Española. A nova xefa de servizo ingresou na Administración autonómica no ano 2010 concretamente na Xefatura Territorial da Consellería de Traballo en Lugo (actual Economía, Emprego e Industria). Nuria Váquez mantivo esta mañá unha primeira xuntanza co delegado territorial, José Manuel Balseiro, para tratar cuestións relacionadas co servizo.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
5 votos
Comentarios

Nuria Isabel Vázquez Rivas, nova xefa do Servizo de Familia