A asociación galega do libro infantil e xuvenil homenaxea e nomea socio de Honra 2017 ao escritor lucense, Paco Martín

La Voz

LUGO CIUDAD

oscar cela

08 nov 2017 . Actualizado a las 18:27 h.

O escritor lucense, Paco Martín, foi homenaxeado e nomeado socio de Honra 2017 por parte da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Galix). O acto tivo lugar no IES Ánxel Fole e foi a rexedora de Lugo a encargada de clausuralo. Lara Méndez tildou a este mestre xubilado de educación primaria e escritor español en galego, como «unha persoa boa e nobre que marcou un fito na literatura» e resaltou a súa «faceta persoal, docente e literaria».  

No acto estiveron presentes numerosos alumnos do centro e tamén o presidente de Gálix, Xosé Antonio Perozo, o escritor Xabier P. Docampo e a directora e vicedirector do IES.