Volven os descontos coa Feira Outlet

LUGO CIUDAD

A festa do comercio lucense terá lugar os días 17, 18 e 19

14 oct 2017 . Actualizado a las 13:04 h.

Días 17, 18 e 19 • Lugo • O comercio lucense volverá ofrecer grandes descontos (de ata o 80%) na oitava edición da Feira Outlet, que terá lugar os días 17, 18 e 19, organizada pola Asociación de Autónomas e Empresarias.

Un total de trinta comerciantes lucenses estarán presentes nesta nova edición. Porán á venda centos de produtos variados de stock a prezos considerablemente reducidos, con descontos dun 50% a un 80%. Zapatería, téxtil, xoiería, lencería, bixutería, pel, agasallos, óptica, peiteado, cosmética, deporte e complementos serán as mercadorías que se poderán adquirir, moitas delas de destacadas marcas.

O listado de comercios participantes é o seguinte: Aluma (téxtil); Backstage Store (téxtil); Baron (téxtil); Black Market (zapatería); Bonec (zapatería e complementos); Bonita Y Coqueta (bixutería e complementos); Casa Piedad (lencería); C. Serrano (roupa de neno); C.V.P. Regalos (agasallos); Destellos (roupa de muller); Dolores Promesas (roupa de muller); Ene Y Efe (calzado); Inpe (peletería); Joyería Senén-M&N Joyas (xoiería); Kucadas Boutique Infantil (téxtil); La Casita Pérez (téxtil de nenos); Lilas (mercería e lencería); Malizia Lenceria (roupa de muller); Miky Moda (comunión, roupa sport e calzado de nenos); Mi Pequeño Vestidor (roupa de muller); Óptica De La Torre (óptica); Peletería Lucus (artigos de pel, bolsos, bixutería); Pisotones (zapatería); Sainkho (téxtil); Stela (téxtil); Thesalia (téxtil); Tolda (téxtil de muller); Vas’s (téxtil); Yute (téxtil).

A Deputación cede un ano máis á Asociación de Autónomas e Empresarias a carpa situada na praza Anxo Fernández Gómez detrás do consistorio lucense para a celebración da feira. A carpa, na que se está a desenvolver o Artesanfroilán, estará aberta dende o martes ao xoves, de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 horas.