Contos verdadeiros de Suso Lista

LUGO CIUDAD

Esta tarde preséntase o libro «Charamuscas», na Librería Trama

11 oct 2017 . Actualizado a las 09:59 h.

«Charamucas» •

2017 • Edicións Embora • Suso Lista • A Librería Trama (Lugo) acolle hoxe, ás 19.00, a presentación do libro Charamuscas, do polifacético escritor de Corme Suso Lista, que tamén foi percebeiro, actor, guionista, mariño mercante... No acto participarán, ademais do autor, o editor Miguel Toval e o escritor Antonio Reigosa. Manuel Rivas firma o prólogo, no que conta que a linguaxe de Lista «ten a memoria humana» e que as historias que relata están escritas coas súas mans, «das que o poeta Paul Celan ben diría ‘Só as mans verdadeiras escriben contos verdadeiros’».