Unha oportunidade única para coñecer a obra de Domingo de Canteixeira

A exposición está aberta no fondo da Praza Maior de Lugo


Ata o día 15 • Aberto polas tardes; os festivos, tamén polas mañás • Fondo da Praza Maior (Lugo) • O artista Domingo de Canteixeira e Balboa mantén aberta durante as festas de San Froilán unha exposición cunha pequena, pero elocuente, parte das súas creacións escultóricas; unha obra que, a pesar de ser ben prolífica, é unha gran descoñecida para o público, pola «personalidad introspectiva de su autor» e porque, a pesar de levar corenta anos creando, tan só realizou unhas tres exposicións ao longo da súa carreira, segundo explican os organizadores desta mostra. O artista lucense Paco Pestana, un dos artífices deste evento -xunto a Gerardo Guitián, que se encargou da produción e do mecenado-, explica que esta é unha oportunidade única de achegarse á obra «deste Robinson Crusoe», que «leva vinte anos sen expoñer». Parte do legado de Domingo de Canteixeira pode admirarse no parque zoolóxico de Marcelle, en Outeiro de Rei, como a espectacular porta de entrada, e outras moitas obras que conviven entre a peculiar fauna do parque.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Unha oportunidade única para coñecer a obra de Domingo de Canteixeira