«Actuar en Lugo é un orgullo»

T. Taboada

LUGO CIUDAD

ALBERTO LÓPEZ

O cantante Edgar Bao ofrece un concerto hoxe, ás 20.00 horas

05 oct 2017 . Actualizado a las 10:44 h.

O lucense Edgar Bao cumprirá en novembro 16 anos. Con tan só esta idade xa ten ás súas costas unha gran traxectoria musical. Hoxe actuará na Praza de Santa María de Lugo como solista. Tres compañeiros de La Voz Kids acompañarano nun dos días mais importantes da súa vida.

Edgar Bao (Lugo, 2011), subirase ás oito deste serán ao escenario da Praza Horta do Seminario para ofrecer o seu primeiro concerto como solista. Este mozo deuse a coñecer logo de participar no programa de televisión La voz kids, quedando de semifinalista na súa terceira edición.

-Que significa para un lucense estrearse como solista nas festas de San Froilán?

-É un auténtico orgullo. Estou moi contento porque fago o meu primeiro concerto como solista na miña cidade.

-Contarás con algún invitado especial?

-Si. Estarán tres compañeiros de La Voz Kids, concretamente, Mónica Maranillo, Sara Deok e Carlos Alfredo. Subirán, individualmente, ao escenario para cantar comigo unha canción a dúo.

-Cantos temas cantarás?

-En total serán unhas quince cancións.

-Canto durará o concerto?

-O concerto durará aproximadamente unha hora e media.

-Como empeza a túa andaina no mundo da música?

-Empecei dende moi pequeno neste mundo. Miña nai sempre me di que empecei a cantar antes de falar. Con tan so seis anos xa acudía a unha academia de Lugo para aprender a tocar o piano e cantar.

-Ademais de David Bisbal, ¿cales son os teus ídolos?

-Pablo Alborán, India Martínez, Malú...

-Como xurdiu o encontro con David Bisbal en Asturias?

-O representante de David Bisbal chamou por teléfono a miña nai comunicándolle que o cantante me invitaba a Xixón para cantar con él. En principio creemos que se trataba dunha broma. Non dábamos crédito.

-Como foi a experiencia?

-Maravillosa. Poder compartir escenario cun dos meus ídolos foi das mellores cousas que me pasaron dende que nacín.

-Como te sentes cando te sobes ao escenario?

-Unha vez no escenario atópome perfectamente. Os peores momentos son antes de saír. No momento que piso o escenario métome no meu papel e non penso en nada mais. Sofre mais miña nai véndome.

-Como foi a túa experiencia en La Voz Kids?

-Moi boa e moi produtiva. Cando me chamaron para dicirme que pasara o cásting non daba crédito. E no momento que me dixeron que tiña que cantar «Soy Minero», xa botei as mans a cabeza. Pero despois todo saíu ben e quedei de semifinalista. Participar alí foi darme a coñecer e xa foi gañar.

-Cal é a túa meta?

-Chegar o máis lonxe posible no mundo da música. Consolidarme como artista e que se note que cando alguén me escoite saiba que son eu, Edgar Bao.

Edgar Bao nos estudios de Radio Voz, en Lugo. FOTO alberto López