O Festival do Leite trae este sábado o mellor da música galega

Desde a unha e ata a madrugada no Pazos de Feiras


 Sábado 23 • Desde 13.00 horas • Pazo de Feiras • Deleite promove o Festival do Leite, unha cita que reunirá a músicos e humoristas galegos desde a unha do mediodía ata pasada a madrugada. Actuarán Primordiais (dúo de arpa, voz e percusión, 13.00), Cachas & Cousins (banda con ritmos de Xamaica para bailar, 13.30), Touriñán (14.15), The Funkles (banda que versiona a The Beatles con ritmos funk e soul, 14.30), Musel (formación pop de Lugo, 16.30), Caxade (proxecto indie-folk, 17.00), Atrás Tigre (banda pop con Olalla Cociña á voz, 17.45), Os amigos dos músicos (folk-rock galego, 18.30), Best boy (folk americano, con outros ritmos como jazz, pop ou rock, 19.30), Adrián Costa & The Criers (bluesman galego acompañado polos californianos The Criers, 20.15 horas), Escuchando Elefantes (dúo coruñés de folk rock con longa traxectoria internacional, 21.15 horas), ás 22.15 horas actuará a banda gañadora do concurso de maquetas do Festival do Leite, Siniestro Total (22.45 horas), Terbutalina (banda galega de garaxe-punk, 0.15 horas). Paralelamente haberá unha zona infantil coas actuacións de Peter Punk (13.00), obradoiro co humorista gráfico Luis Dávila (16.00) e Don Gelati, ás 17.00 cun espectáculo de maxia.

Finalidade solidaria

Todo o festival é de acceso libre e gratuíto, pero Deleite organízao cunha finalidade solidaria. A firma láctea agradece aos asistentes que colaboren na recollida de alimentos que organiza a Federación Galega de Bancos de Alimentos. Haberá un posto de recepción de produtos. Precísase aceite, fariña, cacao, cereais, galletas, leite, azucre e conservas. Deleite contribuirá cunha achega das súas marcas. Por outra parte, os beneficios do festival irán a oenegués que traballan cos refuxiados.

 Buses gratuítos

Haberá buses cada media hora, desde as 12.30 ata a unha da madrugada de regreso. Saída de Sindicatos cara San Fernando, Camiño Real, Rúa Ourense, Tui, Fonte dos Ranchos e avenida das Américas.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

O Festival do Leite trae este sábado o mellor da música galega