A Banda Sinfónica Xuvenil de Galicia chega a Lugo e Vilalba

Os concertos serán o sábado 5 e o domingo 6


Sábado 5 (Auditorio de Vilalba, 20.00 horas) e Domingo 6 (Auditorio Gustavo Freire, de Lugo, 20.00 horas) •

A Banda Sinfónica Xuvenil de Galicia achegará a súa xira Sons de Gallaecia a Vilalba, o sábado, e a Lugo, o domingo. Carmen Basadre, Manuel Núñez, Carlos Méndez, Carlos Diéguez e David Llano presentaron esta cita musical.

Nesta xira soarán obras de compositores como o mindoniense Pascual Veiga; así como pezas como o himno galego, co que se conmemora o 110 aniversario da súa estrea e centenario do pasamento de Eduardo Pondal; Alborada Galega, de Xoán Montes; e A Fiada, a xota galega de José Antonio Lodeiro Piñeiro, entre outras composicións.

Ademais, para esta xira, os Sons de Gallaecia redescubrirán a Banda Sonora Orixinal da Muralla de Lugo, coa obra O Anel de Pedra, cedida por Abraham Cupeiro ao Concello, onde por primeira vez, a nivel mundial, soarán cunha banda os seguintes instrumentos de vento: a frauta de óso, o aulos, o cornu romano e o karnyk celta.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

A Banda Sinfónica Xuvenil de Galicia chega a Lugo e Vilalba