«Voume por cansazo, unha plataforma con tantas sensibilidades produce desgaste»

Enrique Gómez Souto
ENRIQUE G. SOUTO LUGO / LA VOZ

LUGO CIUDAD

kike

Rocha di que discrepancias internas hai en todos os partidos, pero «esa non é a razón fundamental»

15 jun 2017 . Actualizado a las 23:20 h.

Deu un paso á fronte cando outros se retiraron cautamente, comodamente, e encabezou a lista coa que Lugonovo conseguiu tres concelleiros nas eleccións municipais de 2015. O mestre Santiago Fernández Rocha (Benquerencia, 1957) deixa a portavocía do grupo e deixará en breve a concellería. Vaise canso e despois de decidir que non quería ser candidato nas eleccións de 2019. Vaise, recoñece, acusando o desgaste que produce unha plataforma política con tan distintas sensibilidades como é Lugonovo, e das dificultades de traducir esa variedade de sensibilidades á acción política institucional. Teña ou non que ver na súa decisión, hai que recordar que Lugonovo rexeitou no seu momento a proposta de Rocha para apoiar o proxecto de orzamentos que presentaba o goberno municipal, unha medida que consideraba coherente co apoio dado a investidura da alcaldesa, a socialista Lara Méndez.

-A que se debe ese gran cansazo que o leva a renunciar? ¿Son discrepancias internas?

-Levamos dous anos de moito traballo. Esta é unha plataforma nova, con distintas sensibilidades, e isto produce un desgaste e esixe que outra persoa colla o temón. Hai un desgaste importante. Discrepancias internas existen en todos os partidos, pero esa non é a razón fundamental. Tamén hai razóns familiares. Son viúvo e teño dous fillos que están encetando novos proxectos e quero apoialos.

-Por que neste momento?

-Tiña tomada a decisión e a razón pola que adiantei o acontecemento é que a miña praza de mestre sae a concurso para cubrila provisionalmente, e non me parecía correcto que a persoa que fora para ela tivera que deixala nun par de meses. Seguirei como edil ata que a organización queira. A dedicación plena xa a deixo o primeiro de xullo.

-A renuncia é unha iniciativa súa, ou suxerida ou imposta?

-A min en Lugonovo ninguén me pediu, nin me insinuou que abandonara. É unha decisión totalmente persoal. Eu estou de retirada, pero seguirei moi pendente dos problemas de Lugo e o meu compromiso con Lugonovo sigue intacto.

-Vostede, cuxa experiencia política estivo relacionada co CDS nos anos 80 do século pasado, defendeu a formación dun goberno amplo con todos os grupos de esquerda...

-Unha das grandes desilusións que levei foi que a esquerda non asumira todos os compromisos que tiña que asumir para facer conxuntamente algo relevante por esta cidade. Toda a esquerda ten moito que dicir. Eu intenteino, pero non callou. Eu creo que o que non pode ser é que as cousas sigan así.

-En moitos aspectos é vostede un concelleiro, un político, atípico. Por exemplo, entregaba a Cáritas a diferenza entre o que cobraba no Concello e o que percibía como mestre...

-Si. Cada mes, dáballe a diferenza, ao redor de catrocentos euros, máis ou menos.

El relevo, una decisión que será adoptada en el transcurso de las próximas semanas

El grupo Lugonovo tiene 335 «asinantes». Este colectivo se enfrenta a una remodelación del grupo municipal, un asunto que se empezará a tratar en la reunión que celebrará la coordinadora el próximo lunes; en ella se le planteará formalmente a la número 4 de la lista con la que este grupo se presentó a las elecciones, Soledad Ares, si quiere ser concejala. En todo caso, es un asunto que se resolverá en las próximas semanas. De momento, parece que ejercerá de portavoz del grupo municipal Iñaki García.

Los periodistas preguntaron a los miembros de la coordinadora que ayer comparecieron en rueda de prensa si quien asuma la portavocía será el candidato a la alcaldía en 2019. A este respecto, indicaron que en Lugonovo se llevan a cabo elecciones primarias, y queda aún mucho tiempo y trabajo por delante.

Miembros de la coordinadora negaron que la decisión de no apoyar el proyecto de presupuesto municipal, contrariamente a lo que defendía Rocha, fuese una desautorización del portavoz municipal. Indicaron que la asamblea adoptó por decisión una mayoría y esa es la que se llevó a la práctica, sin que en ello hubiera desautorización alguna a Rocha. Es más, mostraron su convencimiento de que más del 90% de Lugonovo respalda a Rocha. Insistieron en que en Lugonovo es la asamblea la que toma las decisiones, y los concejales tienen que estar a lo que diga la asamblea. Quisieron dejar claro que, según su interpretación, el modo en que se toman las decisiones no tiene nada de deslegitimación del portavoz. Es, indicaron, una plataforma formada por muy variadas sensibilidades, que llegan a acuerdos que marcan las líneas a seguir. «Sempre nacen as políticas dos órganos da plataforma», señaló uno de los miembros de la coordinadora en el transcurso de la rueda de prensa.

«Lugo non merece o que está vivindo nestes momentos»

O aínda voceiro de Lugonovo, na hora da despedida, fai unha análise tan pesimista da actual situación de Lugo, debido á deficiente xestión do goberno local, como a veu facendo durante os últimos meses. Di Santiago Fernández Rocha: «Lugo non merece o que está vivindo nestes momentos. Por iso quería un goberno de esquerda, amplo: para sacar a Lugo desta situación». Non conseguiu ese obxectivo, nin que callaran moitas das numerosísimas propostas que presentou no que vai do mandato municipal.

-Non parece que ese estado de cousas que describe vaia a cambiar...

-Dende hai seis meses, non recordo que se fixera nada relevante en Lugo. É moi difícil poder seguir así. Desta maneira posibilítase o acceso do PP ao goberno municipal.

-Como ve a xestión que fai a alcaldesa?

-Creo que lle falta liderado e un maior contacto, non só cos problemas de Lugo, senón cos outros grupos políticos. Non fai o esforzo suficiente para que os outros partidos colaboren con entusiasmo.

-E dentro do propio Concello, como ve as cousas, como ve os servizos e o estado de ánimo dos traballadores municipais?

-Hai unha gran desmotivación no persoal. Xestionouse moi mal a Relación de Postos de Traballo (RPT); tanto que segue sen saír adiante e con dos grupos de traballadores con posicións moi diferentes. A verdade é que non sei como se vai saír desa situación. Hai unha importante desorganización dos servizos públicos, porque ninguén sabe a qué aterse.