-¿Por que pensa que saíron uns resultados tan positivos?
-Non coñezo ao detalle a maneira en que se elaborou, pero supoño que pesa moito o factor calidade. Poder traballar con grupos reducidos de alumnos permite que se mellore a calidade da docencia, que é a que máis peso ten no estudo do BBVA e do IVIE. E iso demóstrase nos índices de satisfacción que nos amosan os alumnos que estudan en Lugo, que entre un 85 e un 90 por centro sinalan que están contentos coa docencia que se imparte nos centros lucenses. E logo, seguro que o informe recolle a excelencia investigadora que temos. A Universidade de Santiago é das mellores de España e así está a ser valorada.
-¿Como se poder manter o equilibrio entre captar máis alumnos pero non masificar para evitar perder a calidade?