Ata 25 actividades no Festival de Jazz de Lugo, un dos mellores e máis completos de España

La Voz

LUGO CIUDAD

Do 11 ao 20 de novembro haberá concertos en ata cinco espazos diferentes da cidade

07 nov 2016 . Actualizado a las 21:47 h.

Xa queda menos para que arrinque a edición 26 do Festival de Jazz de Lugo, presentado onte no Círculo e que difundirá este xénero musical a través de 25 concertos que terán lugar do 11 ao 20 de novembro en cinco espazos da cidade. Os concertos e as «jam sessions» son as actividades centrais desta programación, que inclúe tamén o ciclo cinematográfico Documenta Jazz e unha clase maxistral do guitarrista estadounidense Dean Brown.

O Círculo, o Clavicémbalo, o pub Ho! Gruf, a Casa do Saber da USC e escola Fábrica de Sons serán as sedes deste encontro musical que, baixo a organización da Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz, volverá reunir en Lugo grandes figuras a nivel internacional e estatal, así como recoñecidas formacións do panorama jazzístico galego.

Gran cartel

Na carteleira deste festival destacan grupos como The Cookers, integrado por sete figuras míticas da escena estadounidense, ou Donny McCaslin Quartet, a banda coa que David Bowie gravou o seu último disco. Tamén tocarán en Lugo os noruegos Pocket Corner e outras sobresaíntes formacións norteamericanas, como as encabezadas pola violinista Maureen Choi, o trompetista Jeremy Pelt, o pianista Bruce Brath e os guitarristas Jonathan Kreisberg e Dean Berown. Así mesmo, figuran neste cartel relevantes nomes da escena jazzística estatal como o Gorka Benítez Trío, o Miguel Ángel Chastanhg Quintet, Tumbando a Monk e Raynald Colom Quartet, xunto cos representantes do jazz galego Alfonso Calvo Septet, Alfredo García Quintet, Buxeiro Trío, 2M, Los Hot Chocolates, Garufa Blue Devils Big Band e Marcos Pin & Paco Charlín.

Círculo

Grupo Día

Jonathan Kreisberg 14

Dean Brown Band 15

Jeremy Pelt New Quintet 16

Bruce Barth Trio & jean Toussnat 17

The Cookers 18

Donny McCaslin Quartet 19

Garufa Blue Devils Big Band 20

Os dous primeiros ás 21.30 horas e os seguintes ás 20.30. Prezo: 10 euros

Ho Gruf!

Grupo Día

«A film about kids & music» 19.30 9

«Jazz history 1956-1960» 19.30 10

«Calle 54». 18.00 horas 16

«Paco de Lucía & Group live» 18 h 17

Jazz session por Sr. Blas 22.00 h 18

Paco Charlín y Marcos Pin. 13.30 19

Sr.Blas. 22.00 horas 19

Entrada libre

Clavicémbalo

Grupo Día

Pocket Corner 11

Alfonso Calvo y Tino Risco 12

Alfredo García Quintet 14

Bruxerío Trío 15

Miguel Ángel Chastang 16

Tumbando a Monk 17

2M 18

Raynald Colom Quartet 18

Los Hot Chocolate 19

23.30 horas e prezo, 5 euros

Casa do Saber

Grupo Día

Maureen Choi Quartet 14

Gorka Benítez 15

20.00 horas e entrada gratuíta

Para coñecer máis información dos grupos, os horarios e a maneira de mercar as entradas: www.jazzlugo.com