Comezan as obras de reparación en 17 concellos de Lugo

La Voz

LUGO CIUDAD

Enmárcanse no Plan Integral da rede viaria provincial levado a cabo pola Diputación de Lugo

22 sep 2016 . Actualizado a las 19:54 h.

Vilalba, A Pontenova, Lugo, Friol, Trabada, As Nogais, Xermade, A Pastoriza, Pantón, Ribas de Sil, A Pobra do Brollón, Pol, Lourenzá, Abadín, Becerreá, Monforte de Lemos e Baleira. Son os 17 concellos que se beneficiarán das primeiras reparacións do Plan Integral da rede viaria provincial. En total levaranse a cabo 21 obras, dotadas de 4,5 millóns de euros e que están financiadas pola Diputación de Lugo.

Obras en execución 

Becerreá: rehabilitación do firme LU-P-0707, de Armesto, por Tores, Ás Nogais. Estase a rematar a segunda fase destas actuacións de 500.000 euros. A primeira fase, xa finalizada, contou con outro medio millón de euros.

A Pobra do Brollón: rehabilitación do firme da LU-P-4713, da Pobra do Brollón á LU-652, en Cereixa, entre os puntos quilométricos 0 e 2,080. Conta cun orzamento de 20.000 euros.