Música, deporte, cine e premios pola igualdade

La Voz

LUGO CIUDAD

Presentación dos actos pola igualdade
Presentación dos actos pola igualdade . alberto lópez< / span>

O sábado 12, Lugo acollerá o Encontro da Muller Xorda en Galicia. Ademais, este mes, nas ociotecas haberá o programa «Aprende xogando»

02 mar 2016 . Actualizado a las 10:56 h.

Día 8???21.00 horas???Gustavo Freire??

A edila de Benestar Social, Ana González Abelleira, presentou as actividades que ten programadas o Concello para conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller. Trátase dunha programación que contará con música, deporte, documentais, reflexións e a entrega de galardóns para loitar pola igualdade. Á presentación tamén asistiron representantes de Producións FdS e Médicos Sen Fronteiras, organizador e entidade beneficiaria do concerto solidario «Voces pola Paz», a cargo de Mayka Sitte, Mayka Edjole e Desiree Diouf que terá lugar o 8 de marzo ás 21.00 horas no Gustavo Freire, e de Xaquedrum, a asociación deportiva que desenvolverá partidas simultáneas de xadrez baixo o nome de «O taboleiro da igualdade», este domingo a partir das 13.00 horas na Praza Maior, actividade aberta a participación de mulleres de calquera idade.

O día 8 celebrase a entrega de premios Entre Mulleres, á cooperante Ana Vila, polo seu labor en prol do desenvolvemento social de Nicaragua. Posteriormente, terá lugar a lectura dun manifesto e a presentación dun documental sobre as irmáns Elisa e Jimena Fernández De La Vega, as primeiras mulleres licenciadas en Galicia e Asturias.

A edil anunciou a celebración da Marcha pola Igualdade pola Muralla de Lugo, que se celebrará o domingo 6, con saída da Praza Maior. O sábado 12, Lugo acollerá o Encontro da Muller Xorda en Galicia. Ademais, este mes, nas ociotecas habrá o programa «Aprende xogando».