A Real Academia Galega homenaxeou a Ramón Piñeiro


A Real Academia Galega tributou onte unha homenaxe no consistorio de Lugo a Ramón Piñeiro no centenario do seu falecemento. Xosé Manuel Dasilva, Henrique Monteagudo e Andrés Torres Queiruga analizaron aspectos da traxectoria do intelectual, nado en Láncara, nunha mesa redonda. Actuou como moderador o presidente da RAG, Xesús Alonso Montero. Dasilva falou da etapa na que o autor foi encarcerado; Torres Queiruga centrouse no compromiso integral e integrador do escritor de Láncara. Monteagudo, pola súa banda, referiuse as achegas no campo da lingua e o se papel destacado na Lei de Normalización Lingüística. No mesmo acto no que homenaxearon ó escritor tamén recordaron a Xosé María Álvarez Blázquez e a Xaime Isla Couto. Nel a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, nomeou a Piñeiro como ?un lucense de Láncara comprometido coa defensa da cultura e a lingua galega e coa democracia?. Polo concello tamén se incorporou o acto a concelleira de Turismo e Promoción da Lingua, Carmen Basadre

Lugonovo e Cilistro

O concelleiro de Lugonovo, Santiago Fernández Rocha, aproveitou a presenza da RAG en Lugo para demandar un recoñecemento institucional para Celestino Fernández de la Vega. Baseou a solicitude na importancia das aportacións de Cilistro, colaborador e amigo de Ramón Piñeiro, no ensaio e no pensamento.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
5 votos
Comentarios

A Real Academia Galega homenaxeou a Ramón Piñeiro