«Despois dos 16 malos anos de Orozco hai que devolver o prestixio á Policía Local»

Espera que no mandato de Lara Méndez non sexan precisas concentracións e pitadas

Martínez reclama a mellora do sistema de comunicacións da Policía.
Martínez reclama a mellora do sistema de comunicacións da Policía.

Aínda abertas algunhas feridas producidas na difícil relación entre o goberno lucense e os policías municipais nos últimos 16 anos, a chegada á alcaldía de Lara Méndez (PSOE) abre expectativas dun cambio largamente esperado. Benito Martínez Muinelo, oficial (cabo) da Policía Local, delegado sindical de CSIF e líder das reivindicación sindicais deste corpo, desexa que non volvan ser necesarias as concentracións nin as pitadas e que a vía xudicial deixe de ser o modo habitual de relación entre o goberno e os traballadores. Recorda os momentos máis duros dos enfrontamentos cos equipos de José López Orozco, dos que aínda queda por resolver a denuncia que presentou no seu día contra a xunta de goberno e pola que está imputado o anterior alcalde. «Despois dos 16 malos anos de Orozco hai que devolver o prestixio á Policía Local», di.

-¿Que posibilidades de cambio nas relacións co goberno ve nestes primeiros momentos do mandato de Lara Méndez?

-Ó mellor equivócome, pero dáme a impresión de certa pasividade. Pero aínda no se pode saber que vai dar de si. Para nós o obxectivo é recuperar o prestixio da Policía Local e con pasividades non se vai conseguir.

-Xa tiveron un primeiro contacto coa alcaldesa. ¿Que lle expuxeron?

-Díxonos que está disposta ao diálogo; e nós tamén. Pedímoslle que fale con nós antes de tomar decisións que poidan acabar no xulgado.

-¿Que necesita a Policía de Lugo?

-O meu sindicato non so se centra no campo puramente laboral, senón que tamén atende ao profesional. Nese sentido, reivindicamos material para poder traballar, melloras na formación e recuperar a plantilla que fomos perdendo e que foi envellecendo. É necesario planificar un rexuvenecemento paulatino da plantilla. Entre outras cosas, para devolver á Policía Local o entusiasmo que tivo nalgún momento; non digo que os veteranos non teñamos o desexo de facer ben as cousas, pero é certo que despois dos 16 anos de Orozco o entusiasmo está baixo. É urxente renovar o equipo de comunicacións e instalar un servidor informático na sede da Policía.

-¿Cantos policías necesita Lugo?

-Debería andar polos 150, en función da poboación e das competencias que asume este corpo, e agora mesmo somos 124.

-Resuma as principais cuestións pendentes de resolver na relación co goberno local.

-A segunda actividade (funcións dos axentes a partir de determinada idade) aínda non está pechada; logramos que se catalogaran algúns postos, pero ao final Orozco so tivo en conta a proposta do xefe, que consideramos pouco axeitada. Está pendente a relación de postos de traballo e con ela una valoración xusta do complemento específico. Logramos botar por terra as prazas da subescala facultativa, pero esta sigue estando aí e queremos que desapareza porque non beneficia aos cidadáns, só son postos de asesores con galóns e non para prestar servizo na rúa.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
5 votos

«Despois dos 16 malos anos de Orozco hai que devolver o prestixio á Policía Local»