e. g. souto

1O Concello de Lugo conmemorou o Día Internacional da Muller coa entrega dos premios Entre Mulleres, que nesta ocasión recoñeceron a labor de tres mulleres que son exemplo polo traballo que desenvolven na defensa dos dereitos humanos. No acto, no que interviñeron o alcalde, José López Orozco, e a concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, e o subdelegado do Goberno, Ramón Carballo, foron galardoadas as xornalistas Ana Expósito Valle e Erika Reija, e a traballadora social Branca Rodríguez Pazos. Expósito leva 20 anos traballando na sección de internacional de Televisión de Galicia. Cubriu, entre outros, a guerra do Golfo e conflitos na ex Iugoslavia, Croacia, Bosnia, Kosovo, Ruanda e Zaire. Rodríguez Pazos, que foi tenente de alcalde de Lugo polo BNG no primeiro mandato de Orozco, dirixe a sección de Minusvalideces na Consellería de Sanidade e Servizos Sociais en Lugo, ademais de impulsar, entre outros o Colexio Oficial de Diplomados en Traballo Social e ser unha destacada activista en defensa do feminismo. Finalmente, Reija é xornalista especializada en información internacional, no mundo árabe e reporteira de guerra. Cubriu, entre outros, a caída de Mubarak en Exipto ou a de Gadafi en Siria. As tres coincidiron en dedicar o premio a mulleres referentes para elas: nais, avoas e familiares, que traballaron duro. Tamén tiveron un recordo para todas as que hoxe en día viven en situación de conflito e carecen dos seus dereitos básicos.

Exposición no instituto Lucus Augusti

2Mentres, o IES Lucus Augusti inaugurou unha exposición sobre as irmás Jimena e Elisa Fernández de la Vega Lombán, e ofreceu unha charla do profesor Ricardo Gurriarán.

«Vai polas mulleres musulmanas perseguidas polos extremistas que fan do corpo da muller terra conquistada»Ana Expósito, Xornalista
«A muller sen independencia económica non logra os seus dereitos. Temos que volver a esa reivindiación básica»Branca Rodríguez Pazos, Traballadora social
«As persoas que non ven materializados os seus dereitos básicos necesitan dos xornalistas»Erika Reija, xornalista

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos

Premio Entre Mulleres para tres loitadoras polos dereitos