Losada, o mestre de galeguistas

XOSÉ MANOEL RODRÍGUEZ OURENSE / LA VOZ

LUGO CIUDAD

Miguel Villar

A Real Academia Galega reivindicaba en 1985 ao intelectual de Moldes

13 may 2014 . Actualizado a las 07:05 h.

Antón Losada foi un home de praxe, máis que de obra escrita, que xogou un papel fundamental como mestre e guieiro de figuras que chegaron a convertirse en referencias da historia e da cultura de Galicia. Otero Pedrayo lembraba sempre que Losada foi quen o puxo na senda do galeguismo e quen marcou a súa vida e Castelao recoñecía, cando finaba o de Moldes, que fora un dos persoeiros de referencia para a creación do galeguismo moderno. A edición da obra completa en 1985, proxecto coordinado por Xusto G. Beramendi, e publicacións posteriores -a historia do nacionalismo galego escrita polo propio Beramendi ou a publicación da súa correspondencia con Risco- foron acreditando o papel de Losada como unha das figuras de referencia da Xeración Nós e promotor da revista Nós.

Entre Ourense e Pontevedra

En 1913 chega a Ourense como profesor de instituto e anos máis tarde seguirá exercendo en Pontevedra. En 1915 ingresa nas Irmandades da Fala e na cidade recupera a Irmandade de Ourense, pasando da inactividade na que a tiñan os sectores máis conservadores a favorecer «o desenvolvemento do galeguismo e fundando o xérmolo da Xeración Nós». Presidiu a histórica I Asamblea Nacionalista de Lugo e foi membro destacado do Seminario de Estudos Galegos. En Pontevedra crea a coral polifónica e o equipo que diu lugar ao actual Pontevedra FC.