
Reigosa e Alfonso Eiré preparan un documental sobre a vida do derradeiro guerrilleiro, Xosé Castro Veiga
02 feb 2014 . Actualizado a las 07:00 h.O fotógrafo lucense Xosé Reigosa e o xornalista chantadino Alfonso Eiré levan xa uns meses traballando sobre a figurade Xosé Castro Veiga, «O Piloto», o derradeiro guerrilleiro antifranquista morto polas forzas da orde no ano 1965.
-¿Como xurdiu a idea de facer a película?
-A idea ocorréuseme a min, falei con Eiré que ademais de ser da zona onde actuou e mataron ao Piloto, é bo coñecedor da guerrilla e, a partir de aí, comezamos a traballar sabendo que é unha tarefa longa de aí que nos puxeramos a elo hai xa uns meses pois queremos ter rematado o documental para o vindeiro ano, cando se cumpren os cincuenta anos da morte do guerrilleiro e que é cando querémolo estrear.
-¿Non é algo tarde para facer este traballo de campo tendo en conta o tempo transcorrido, case 50 anos?
-Pensamos que era o momento de facer este traballo porque si agardamos moito máis, precisamente polo tempo que pasou, moitas persoas que foron testemuñas das andanzas do Piloto, xa son maiores agora e poderían non estar vivas dentro duns anos. Notamos por outra banda que comeza a haber agora bastante interese por estes temas por parte da xuventude o cal é importante para que a memoria e os estudos sobre a guerrilla antifranquista en Galicia continúen.
-¿Como repartides o traballo?
-Alfonso Eiré, por ser natural de Chantada e coñecer ben a comarca, encargase maiormente de contactar coa xente do Saviñao e da propia Chantada, con aqueles que tiveron un maior ou un cativo contacto co guerrilleiro e a súa compañeira Mirelle.
Polo que a min se refire, encárgome da parte de Lugo e de feito xa estivemos gravando no Corgo, onde naceu O Piloto, e onde entrevistamos a algunha persoa que chegou a coñecelo. Fixemos tamén unha entrevista a Quico, que é un dos poucos guerrilleiros que quedan vivos e que actuou pola zona de Quiroga así como algunha que outra entrevista con xente que coñeceron ao guerrilleiro e mesmo con algunha persoa que tivo refuxiada na súa casa a Mirelle.
-¿É doado o traballo de campo?
-Ten os seus máis e os seus menos. Vaise facendo pero nótase que hai xente que aínda non quere identificarse moito cunha postura concreta e prefiren non falar do Piloto aínda que tiveran trato con él.
-¿Quen queda agora por entrevistar?
-Quédannos aínda persoas que tiveron trato co guerrilleiro e coas que andamos contactando porque queremos incidir no que foi a súa vida, dende a súa estancia no Corgo, o seu paso polo exército republicano, a súa estadía na cadea e o retorno a Galicia onde entra en contacto coa guerrilla, así como as actividades que levou a cabo como loitador antifranquista. Por iso, tamén intervirán no documental xente que estudou a guerrilla e a súa figura como historiadores, xornalistas, etc. e que falarán sobre os seus traballos de investigación sobre a figura do Piloto.
-¿Cal será a súa duración?
-Será de setenta minutos máis ou menos aínda que dependerá do material que haxa. De todos os xeitos, máis de noventa minutos non queremos que pase.
xosé reigosa fotógrafo lucense