Unha tese defende que a asemblea nacionalista non foi no Méndez

Suso Varela Pérez
suso varela LUGO / LA VOZ

LUGO CIUDAD

CEDIDA

Xulio Pardo de Neyra acredita que o encontro foi no Lugo Salón

17 nov 2013 . Actualizado a las 07:00 h.

O día 18 de novembro volverase a lembrar en Lugo a celebración en 1918 da primeira Asemblea Nacionalista, todo un fito na historia recente de Galicia. Sempre se afirmou que o encontro se celebrou no Méndez Núñez e así o constata unha placa que se pode ver na fachada do edificio. E neste lugar da Rúa da Raíña se celebraron anualmente actos de lembranza durante as últimas décadas.

Pero parece que a realidade non foi así. O profesor da Universidade da Coruña Xulio Pardo de Neyra, do Departamento de Didácticas Específicas, é autor dunha tese sobre a figura de Evaristo Correa Calderón, o home a quen os grandes popes do nacionalismo galego pediron que organizase o encontro de Lugo. «Meses antes organizou a derradeira asemblea rexionalista e logo, con 19 anos, tivo o encargo de facer a primeira nacionalista», explica De Neyra.