«A elaboración de sidra é unha magnífica oportunidade económica»

amelia ferreiroa LALÍN

LUGO CIUDAD

02 sep 2019 . Actualizado a las 18:05 h.

Por segundo ano consecutivo na Eira da Xoana (Ramil, Agolada) celebrarase mañán a Feira da Sidra co gallo de recuperar cultivos tradicionais como o da mazá.

-Unha actividade, o da elaboración da sidra, que se perdeu co paso dos anos...

-Perdeuse. Somos un dos países onde máis viño de Rioxa se consume e, a sidra que se consume na parte norte da península, aquí se perdeu malia a ser unha bebida tradicional. Se producía sidra entendo que alí onde non se producía viño. Era moi tradicional facela nas casas, na maioría das casas.

-E eso que se conta coa materia prima, a mazá...

-Temos efectivamente a materia prima. Tiñamos os coñecementos necesarios e lagares antiquísimos para as elaboracións. O primeiro lagar que puiden ver foi en A Estrada e era unha pía de madeira. En moitas casas se producía e se facía unha sidra de calidade e é curioso que falas con moita xente, non demasiado maior, e lémbrase da sidra que facían. Fállanos a cabeciña aos galegos. Somos moi traballadores pero non sabemos explotar ben os nosos recursos. O valor engadido que se lle podería dar ás mazás que van para fóra o deixamos escapar e non nos preocupamos por ese tema. Afortunadamente están xurdindo algunhas iniciativas no país encamiñadas á recuperación destes cultivos tradicionais.

-¿Caso de A Estrada, por exemplo?

-Aí está a iniciativa dunha xente que está apostando por esto. É unha boa nova pero non só en A Estrada se poden desenvolver ditas iniciativas xa que a sidra se facía dende a montaña de Lugo ata ben entrando en Pontevedra. A elaboración de sidra é unha magnífica oportunidade económica e profesional.

-¿Como se vai desenvolver a Festa da Sidra deste sábado?

-A idea pola que naceu esta festa é para tentar recuperar cultivos tradicionais do noso país. É un sin sentido falar de miles de parados e miras pola ventana e ves cantidade de terra abandonada pois aquí, neste cultivo, hai unha oportunidade. Será unha xornada na que falaremos de sidra, se fará un pequeno taller de elaboración da mesma coa aportación de mazás de diferentes sitios e compartiremos comida, faladoiro e música. O obxectivo final é unha chamada de atención respecto da recuperación desta bebida.

pepe salvadores membro da comisión organizadora da Feira da Sidra