Aliad-Ultreia e a asociación Enriqueta Otero organizarán o luns unha concentración contra a explotación sexual en Lugo

Lucía Rey
Lucía Rey LUGO / LA VOZ

LUGO CIUDAD

Terá lugar a partir das seis da tarde na Praza Maior

20 sep 2013 . Actualizado a las 22:06 h.

As asociacións lucenses Aliad-Ultreia e Enriqueta Otero de Mulleres luguesas contra a violencia de xénero organizarán o luns unha concentración contra a explotación sexual en Lugo. Con motivo do Día internacional contra a trata de persoas con fins de explotación sexual, ambos os dous colectivos impulsarán un acto ás 18.00 horas no fondo da Praza Maior. O lema será «Por un Lugo sen trata». «Cada ano milleiros de persoas, principalmente mulleres, vense forzadas a exercer a prostitución, convertendo a trata no terceiro negocio máis rendible a nivel mundial. Esta situación non é precisamente allea ao noso entorno, e por ese motivo consideramos preciso realizar unha acción na rúa», indican fontes de Aliad-Ultreia, que, entre outros, axuda ás vítimas da operación Carioca.

«É preciso lembrar que a escravitude aínda existe e que o fai moito máis preto do que nos gusta pensar», destacan os organizadores