Arcadio López Casanova: «As Festas Minervais marcaron un fito na miña xeración»

antón grande LUGO

LUGO CIUDAD

«Agardo que o novo libro saia pronto», di o escritor lucense

11 abr 2022 . Actualizado a las 23:27 h.

Arcadio López-Casanova (Lugo, 1943) exerce como catedrático na Universidade de Valencia na que ten amais publicados varios e interesantes traballos de crítica e investigación literaria. Na súa faceta como poeta, coa publicación do seu libro Mesteres en 1976, co que quedou finalista do Premio da Crítica, imprimiu un xiro importante á poesía galega da segunda metade do século pasado.

É amáis autor entre outros dos libros Sonetos de esperanza presentida (1965), Palabra de honor (1967), Memoria dunha edá (1976) e La oscura potestad (1978), co que acadou o premio Adonais de poesía.

 

-Vostede ten sona de ser un poeta lento na escritura de ahí que cada un dos seus libros sexa froito de varios anos de traballo.

-Efectivamente, son moi lento na escritura e un libro lévame moito tempo: sete, oito ou dez anos porque entendo que un libro ten que ser unha arquitectura perfecta, todo el ten que constituir un conxunto armónico para o lector. É o que eu chamo macrotexto poético. De todos os xeitos debo clarexar que o meu proceso de creación é lento porque vouno madurando moito ainda que unha vez escrito os poemas, teños tan traballados na mente, que non necesitan moito retoque.

 

-Para cando o próximo libro?

-Agardo que saia pronto xa que levo traballando nel dende hai sete anos. Tematicamente é unha sintese das preocupacións do camiño anterior como é a infancia dos meus primeiros versos, a lírica tradicional ou meditacións íntimas encol da morte ainda que presenta tamén unha variedade como a de incluir monólogos históricos de persoaxes como poden ser escritores galegos ou figuras mitolóxicas.

-Nos anos sesenta participiou e mesmo gañou algunha das Festas Minervais que se celebraban naquelas datas. Cómo se ven agora aqueles certames dende a distancia do tempo?

-Os certames literarios sempre estiveron ben porque era o xeito de darse a coñecer como poeta e ao mesmo tempo, recibir unha compensación económica que non viña nada mal.

Así mesmo, as Festas Minervais marcaron un fito na miña xeración porque todos fumos premiados nelas e non hai que esquecer que naqueles anos oscuros do franquismo, tiñan para nós un valor de reivindicación do idioma galego.

arcadio lópez casanova catedrático universitario e poeta

«O próximo libro é unha síntese das preocupacións do camiño anteior»

«Un libro lévame tempo porque ten que ser unha arquitectura perfecta»

«O meu proceso de creación é lento porque o vou madurando moito»