David Varela: «Na diocese de Lugo aínda hai rapaces que queren ser curas»

Lucía Rey
lucía rey LUGO / LA VOZ

LUGO CIUDAD

PRADERO

Avanza que o curso que vén o Seminario Maior terá 4 alumnos e espera algún máis

02 jul 2013 . Actualizado a las 07:00 h.

David Varela Vázquez (San Xoán de Antas de Ulla, 1981) xurou como novo reitor do Seminario Diocesano de Lugo o venres pasado. O seu foi un dos nomeamentos cos que o bispo, Alfonso Carrasco, renovou por sorpresa parte da curia para enfrontar os retos da diocese.

-¿De que xeito asume o cargo?

-Non son cousas que un prevea. Cando o souben sentín unha mistura de sensacións, como temor pola conciencia da responsabilidade grande do que che están pedindo, pero tamén moita ilusión.

-¿Empezará de cero?

-Todo o contrario. Recollo a testemuña de persoas cunha grandísima experiencia, como o antigo reitor, Daniel García, que continuará no centro con outras responsabilidades, e dun traballo que fai un equipo do que formei parte e que se fixo moi ben ata agora. O Seminario de Lugo funciona moi ben porque hai unha dedicación moi grande dos sacerdotes, dos profesores...