Setién pregoará mañá o San Isidro da Piringalla

l.r. lugo / la voz

LUGO CIUDAD

LUCÍA REY

O barrio lucense celebrará as súas patronais ata o domingo

14 may 2013 . Actualizado a las 07:00 h.

O adestrador do C.D. Lugo, Quique Setién, pregoará mañá as festas de San Isidro Labrador no barrio da Piringalla. O acto, que terá lugar ás 20.30 horas, e unha degustación de empanada, marcarán o inicio de cinco xornadas de festexos, que contan cun presuposto de 30.000 euros, como explican desde a comisión que preside Ricardo Varela. A presentación de damas e raíñas infantís e xuvenís xunto cunha solta de globos animarán os minutos previos á primeira verbena do ano, que amenizará a orquestra Miramar. O xoves haberá unha demostración do ximnasio DiSom ás sete da tarde, e pola noite actuará a orquestra Marbella. Mentres, o venres 17, coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas organizarase a terceira carreira solidaria pola auga, na que colaboran, entre outros, co colexio Cervantes, Cruz Vermella e Unicef. Pola noite, verbena con Gran Parada. Ese día comezará a novena concentración moteira, que culminará o domingo cunha ruta turística ata a Ferrería Mazo de Santa Comba. O sábado actuará a orquestra Triunfo, e no descanso o dúo acrobático Acrolúa, que participou no programa televisivo Tú sí que vales. A comisión, que comezou a preparar as festas en xaneiro, quere «destacar e agradecer» a gran colaboración veciñal e dos comerciantes. Desde A Milagrosa, ás prazas Agro do Rolo, Viana do Castelo ou Manuel María, e mesmo O Ceao.