Un libro defende as condutas de resistencia a Franco do rural

lugo / la voz < / span>

LUGO CIUDAD

08 abr 2013 . Actualizado a las 23:30 h.

A profesora do Departamento de Historia Contemporánea na Escola Politécnica de Lugo, Ana Cabana, analiza no libro La derrota de lo épico actitudes e condutas da poboación rural galega durante o franquismo. A investigadora de Castro de Rei e profesora do departamento de Historia Contemporánea e de América da Politécnica, Ana Cabana, documenta nesta obra editada pola universidade de Valencia as distintas formas de disentimento fronte ao réxime: negativa a facer pagos a diferentes institucións, motíns, boicots... Trátase, di, dunha resistencia silente, e proba «a conflitividade existente en Galicia durante estes anos e desvirtúa o estereotipo dunha contorna sometida».