Bernardo García Cendán será lembrado en Vilalba e Lugo coa recuperación de textos inéditos seus

X.M.P. VILALBA

LUGO CIUDAD

Poemas, cancións e oracións do profesor vilalbés aparecen nunha monografía

05 mar 2013 . Actualizado a las 14:29 h.

O venres, en Vilalba (Casa da Cultura, oito do serán), e o martes, en Lugo (Galería Sargadelos, sete e media da tarde), preséntase a monografía «Unha alboraada nova, Bernardo García Cendán», que promove a Asociación Encrucillada. A obra divídese en oito partes, que recollen diferentes textos escritos por García Cendán, falecido o ano pasado, ao longo da súa vida. A derradeira parte é un epílogo con semblanzas sobre a súa personalidade. A presentación de Vilalba está organizada polo Iescha, e a de Lugo, pola Asociación Cultural Xermolos.