Crean unha irmandade para fomentar o uso do galego entre o persoal sanitario

lugo / la voz < / span>

LUGO CIUDAD

02 dic 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

Co obxectivo de galeguizar a atención sanitaria e humanizala dende a perspectiva da cultura autóctona, creouse a Irmandade da Sanidade Galega, que presentaron onte no hospital Lucus Augusti. No acto participaron o seu coordinador xeral, Pablo Vaamonde García, que explicou os fines da organización e o camiño que ten trazado. Interviñeron tamén o director médico, Félix Rubial, quen, ademais de presentar o acto, desenrolou unha ponencia na que deu conta do uso do galego no eido sanitario, dende a súa perspectiva de xestor en diferentes centros, e de médico.

Interviñeron tamén Bernardino Pardo Teijeiro, médico de familia do centro de saúde de Nadela; Rosana Valle Yáñez, MIR de anestesioloxía e reanimación e Luis Villares Naveira, maxistrado do Tribunal Superior de Xustiza do País Vasco, que ocupou a praza de xuíz na Fonsagrada.

A Irmandade da Sanidade Galega tamén tentará de recuperar o patrimonio histórico de persoeiros vinculados a sanidade galega como Varela Montes, Xesús Rodríguez López, Domingo García Sabell e Rof Carballo. A organización está aberta a todos os colectivos vinculados a sanidade galega. Está aberta a presentación de proxectos para abrir novos espazos, tanto en atención primaria como especializada. Un dos seus primeiros pasos será a creación dunha páxina na rede con contidos específicos para fomentar o uso do galego no ámbito sanitario.