Ecos festivos dunha fin de semana moi animada

maría caravel

LUGO CIUDAD

23 ago 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

1Despois de restaurar a capela e facer unha homenaxe ao carro cun mini museo, voltouse celebrar o San Roque no abandonado pobo de Brañela, no Carballín, en Negueira de Muñiz. Unha misa, comida campestre, música, baile e moita diversión foron os protagonistas da festas, que viviron os veciños de Negueira e arredores que se deron cita para honralo santo.

Éxito en Castroverde

2Na festa da artesanía do domingo en Castroverde chamou a atención o desfile de moda no que participaron deseñadores de Lugo e Ourense. Trátanse de Verónica Mari, Antía Castro, Sara Nájera, Lara Prada, Ángela Marín, ademais da firma lucense Noviabela.

Tapas en Muimenta

3A cuarta edición do concurso de tapas de Muimenta, organizada pola Asociación de Empresarios, que rematou o venres, foi unha festa continua e acadou máis éxito de participación que en anos anteriores. Esta semana farase o reconto para coñecer os gañadores.

Tenreira en Becerreá

4De novo foi un éxito de participación a degustación de tenreira galega que hai todos os anos en agosto en Becerreá. Veciños e visitantes habituais destas datas participaron na degustación que se celebrou o sábado á noite no centro da vila e que destacou polo bo tempo.