Savater: filósofo sentadoPaseo de la alameda de Lugo


Aló polos anos oitenta coñecín a Fernando Savater en Santiago de Compostela. Viñera facer a presentación da revista Coordenadas. Por casualidade, un pedazo antes do acto, o escritor español (de raíces chantadinas) Antonio Costa Gómez e máis eu, estíveramos con el nunha cafetería da rúa do Villar. Nós eramos uns rapazolos como quen di, mais a conversa semellaba ter palabras maiores. Axiña falou de nihilismo activo, e do pouco que axudaba ao home a explicación «dialéctica da Historia».

Non houbera desavinzas, até que Antonio lle fixo unhas matizacións sobre Nietzsche e os valores da cultura occidental. Nese intre fuxiron os bos modais do profesor. Alto de voz, púxose avermellado e, tatexando, mostraba non comprender como un estudante podía corrixir a quen tanta autoridade tiña na materia. E aí non remata o conto dos seus enfados. Un chisco máis tarde, coa mesma lingua de agulla, calificou a certos activistas do Maio francés de «pandilla de inconscientes».

Hoxe ninguén debera abraiarse de que chame aos do 15-M «mastuerzos». Hai anos que Savater mantén prestixo intelectual, pero dende as cadeiras do poder mediático; tamén por ir da man dos poderosos.

Non hai tal compromiso social nos seus pensamentos. Profesa, iso si, un laicismo que despista e un trasnoite progre que só uns cantos vellos comparten. Atacar estas protestas que se están dando, é unha manifestación máis da súa hipocrisía. Outro afago aos inimigos do Pobo. Bon é que este Lévy de España tampouco teña ningún sistema filosófico que o trascenda. Non é filósofo. Ou si, sentado.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos

Savater: filósofo sentadoPaseo de la alameda de Lugo