O Consello da Cultura publica as cartas que Novoneyra enviou a Piñeiro

La Voz SANTIAGO/LA VOZ.

LUGO CIUDAD

Uxío Novoneyra e Ramón Piñeiro mantiveron unha longa relación amical que nesa era anterior á Internet acadou protagonismo epistolar.

24 dic 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

Uxío Novoneyra e Ramón Piñeiro mantiveron unha longa relación amical que nesa era anterior á Internet acadou protagonismo epistolar. O Consello da Cultura Galega acaba de publicar a correspondencia que Novoneyra enviou a Piñeiro, editada por Luís Cochón e Luís Alonso Girgado nun dobre libro no que se ofrece o facsímile das cartas e a transcrición e as notas correspondentes.

Segundo Cochón, Uxío Novoneyra, como autor epistolar, era igualmente poeta e nesa correspondencia significa «un trato intenso e directo», en palabras do presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares.

As cartas abranguen un período de case dez anos, entre 1953 e 1972, viaxando fundamentalmente entre O Courel e Santiago, aínda que tamén hai misivas remitidas polo poeta dende Madrid ou Lugo. As cartas están arquivadas na Fundación Penzol e nelas pódense ler algunhas primeiras versións de poemas que logo aparecerían en Os eidos . Segundo Cochón, a frecuencia de escritura era maior no poeta que no político: «Novoneyra escribiulle a Piñeiro tres veces máis que ao contrario e sempre son cartas de poeta». Cochón apuntou que nas cartas está o universo poético de Novoneyra, ao tempo que reclamou unha edición completa e crítica dos libros do autor. No mesmo sentido sinalou o coeditor deste volume do Consello que o título dese volume coa poesía completa debería ser Eidos.