A asociación veciñal da Milagrosa presenta unha revista do barrio

La Voz LUGO/LA VOZ.

LUGO CIUDAD

27 may 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

A Asociación de Veciños da Milagrosa, que preside Valentín Arias, editou a revista O noso barrio (xa con sete anos de historia), na que os veciños opinan e reclaman melloras para Lugo. Tamén inclúe artigos de opinión do crego e escritor Xesús Mato, da profesora Marisé Fernández, do poeta e docente Claudio Rodríguez Fer e do xornalista Suso Varela, ademais de fotos antigas de Juan Cancela. Os veciños teñen na revista pasatempos e un balance das actividades da asociación veciñal.